Queremos que formes parte
Estamos a crear un novo DIRECTORIO para que todas as persoas que visiten POIO teñan a man toda a información que necesitan. E queremos que formes parte del.
Tamén organizamos FORMACIÓNS de servizo de mesa, catas, inglés especializado, comunicación, tecnoloxía, etc. Formacións prácticas e dinámicas.
E por último, organizaremos XUNTANZAS para crear rede.
Como o ves? Queres participar? Queres saber máis?
Se tes un negocio de HOSTALARÍA e TURISMO en POIO, participa!
En que consiste?
Podes formar parte de DESCUBRE POIO sempre que des o teu consentimento e que formes parte nalgunha das accións que organizamos, formacións ou xuntanzas.
DIRECTORIO
Dende a Concellería de Turismo de Poio estamos a crear unha páxina para que as persoas que veñen a Poio teñan toda a información.
Nesta páxina haberá un directorio dos negocios turísticos.
FORMACIÓNS
Organizamos 7 formacións:
Servizo de mesa
Elaboración de cafés e bebidas
Catas de viño e cerveza
Inglés específico
Habilidades de comunicación
Ferramentas tecnolóxicas
Mapa Turístico de Poio
XUNTANZAS
Queremos facer piña contigo, por iso temos na nosa axenda dúas xuntanzas para crear rede, unha en decembro e outra en xaneiro.
Queres coñecer negocios de hostalaría, restauración, aloxamentos turísticos, axencias de viaxes, etc.?
Únete a DESCUBRE POIO
Aquí tes o calendario
NOVEMBRO – DECEMBRO
Lugar: O Eirado das Margaridas
Datas Novembro:
23-11-21: Servizo de mesa – De 20h a 22h.
24-11-21:Elaboración de cafés e bebidas – De 20h a 22h.
29-11-21:Catas de viño e cerveza – De 20h a 22h.
Lugar: O Eirado das Margaridas
Datas Decembro:
1-12-21: Inglés específico – De 20h a 22h.
13-12-21 Xuntanza – De 20:00h a 21:00h.
XANEIRO
Lugar: A Reiboa
24-01-21 Ferramentas Tecnolóxicas – De 20h a 22h.
26-01-21 Ferramentas Tecnolóxicas – De 20h a 22h.
Lugar: O Eirado das Margaridas
31-01-22 Xuntanza- De 20:00h a 22:00h.
FEBREIRO – MARZO
Lugar: A Reiboa
Datas:
14-02-22 Habilidades de comunicación – De 20h a 22h.
21-02-22 Habilidades de comunicación – De 20h a 22h.
14-03-22 Mapa Turístico de Poio (1,5h) – de 19h a 20:30.
21-3-22 Mapa Turístico de Poio (1,5h) – de 19h a 20:30.
Xuntanza en TAMBO
28-03-22 Xuntanza en Tambo. Saída desde Combarro.
De 10:30h a 13:30h.
Se queres saber máis, contacta con nós
TELÉFONO
625 120 475
CORREO ELECTRÓNICO
ola@descubrepoio.com